5 despedimentos máis en Atento Coruña
Fecha: 08 Set 2023
No día de hoxe o persoal de Atento Coruña concentrouse diante da sede da empresa para mostrar o seu rexeitamento ante os 5 despedimentos producidos no servizo SST-1002. Ademáis, convocouse unha folga de 24 horas para ese mesmo día.
As 5 persoas despedidas forman parte do persoal de fin de semana e, todas foron despedidas faixo un falso "baixo rendemento". Segundo o Comité de Empresa, os despedimentos forman parte dunha actuación para desmantelar a quenda de fin de semana e seguir mermando o emprego na cidade, evitando presentar ante a autoridade laboral un ERE.
Ademáis xa tivo lugar o primeiro acto de conciliación no que a compañía admite que foi un despido improcedente e se limitou a pagar a indemnización.
Con estas actuación o persoal está a esixir a readmisión das persoas despedidas y queren que a empresa poña freo a destrución inxustificada dos postos de traballo.