28 abril : Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo

Dende o 2013, faleceron máis de 6.000 persoas por accidentes de traballo. No 2021, aconteceron máis de 1 millón de accidentes de traballo. Estamos ante un drama social que parece non ter fin e é imprescindible poñerlle remedio de modo urxente.

Por iso, reclamamos que o Gobierno impulse unha mesa de diálogo social que articule un plan de choque contra a siniestralidade, que poña freo ós accidentes mortais e as enfermedades profesionais. É necesario acordar medidas específicas ante esta problemática.

É preciso centrarse na prevención de riscos laborais e nas condicións de saúde e seguridade nos centros de traballo. É necesario revisar o modelo de xestión preventiva nas empresas; fortalecer os organismos con competencias en materia de seguridade e saúde no traballo; máis recursos á Inspección de Traballo; e impulsar a creación de figuras como a de delegado territorial de prevención, co obxectivo de chegar ás empresas máis pequenas, onde no hai representación sindical.

É fundamental que na próxima conferencia da OIT se discuta a inclusión da seguridade e saúde no traballo nos principios e dereitos fundamentais da Declaración de 1998; e que se impulse unha Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2022-2027 máis completa que a actual.

 

A COVID-19 puxo de manifiesto que a saúde pública e a saúde laboral teñen que ir da man. Garantir a seguridade e saúde nos centros de traballo foi clave para evitar a propagación do virus. Pero tamén puxo de manifesto as precarias condicións de traballo de moitos traballadores e traballadoras, o problema da saúde mental, algo que os sindicatos xa denunciabamos. É imprescindible e urxente desenrolar lexislación específica e impulsar políticas públicas para afrontar este problema de primeiro orden, onde os servicios públicos de saúde poden impulsar diagnósticos de sospeita cando cheguen as súas consultas patoloxías susceptibles de ser de orixen profesional.

É necesario incluir no listado de enfermedades profesionais a COVID-19 e abordar solucións para o COVID persistente.

 

En definitiva, necesitamos situar a prevención de riscos laborais no centro da recuperación e ás persoas no centro de todas as políticas. Porque a saúde é un dereito fundamental tamén no traballo. 

 

 

► Manifiesto : "A prevención no centro da recuperación. Facer da saúde laboral un dereito fundamental".