1º de Maio pola suba dos salarios, a contención dos prezos e máis igualdade
Fecha: 28 Abr 2022
A Unión General de Trabajadoras y Trabajadores chama á cidadanía a participar nas máis de 60 manifestacións e concentracións convocadas en todo o país co gallo do Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, que recorrerán as rúas baixo o lema: "A Solución: subir salarios, conter prezos, máis igualdade". Na nosa cidade, a manifestación terá lugar o día 1 de maio ás 12:00 horas con saída dende a Praza da Palloza ata a Delegación de Goberno.
Un Primeiro de Maio de celebración por todo o conseguido durante os últimos anos (reforma das pensións, subida do SMI, reforma laboral…) pero tamén de reivindicación ante os retos de futuro como sociedade, ca necesidade de acordar a segunda parte da reforma laboral para continuar creando empregos dignos e mellorando a calidade do despido; e impulsar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva que aumente os salarios privados e manteña o poder adquisitivo da clase traballadora, ante o continuo aumento dos prezos.
Ademáis, é imprescindible seguir avanzando en igualdade, ante as discriminacións hacia as mulleres, as persoas migrantes e LGTBi; e impulsar a seguridade e a saúde no traballo, xa que cada día siguen perdendo a vida dúas persoas por accidentes laborais, algo intolerable para UGT.
Así mesmo, previo a manifestación, realizaranse os seguintes actos:
► Manifiesto : "A solución: subir salarios, conter precios e máis igualdade".