13 mulleres perderon a súa vida no que vai de ano

Con motivo da situación actual relativa á violencia machista, realizamos no día de hoxe unha concentración na porta da nosa Sede na Avda. Fernández Latorre como mostra do rechazo da UGT á violencia de xénero.

 

Segundo os datos facilitados pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, a día de hoxe son xa 13 as mulleres e 1 menor as asesinadas neste 2023 ( 1197 mulleres dende o 1 de xaneiro de 2003 e 49 menores dende o 1 de xaneiro de 2013).

Pero ademáis non debemos esquecer que existen outros tipos de violencia contra as mulleres como é a trata de mulleres, as agresións sexuais, o ciberacoso, ... actos que vense reflexados día a día nas noticias deste mes de abril.

 

Con dito acto queremos insistir na nosa reclamación de máis recursos para poñer fin á violencia contra as mulleres, co fin de previr e dar unha atención integral ás vítimas e, acelerar a aplicación efectiva dos distintos acordos e convenios acadados no ámbito nacional e internacional.

 

Pero as mulleres tamén sufren violencia no ámbito laboral, un problema invisibilizado en moitos casos polo medo ás represalias ou a perda do emprego. É imprecindible que se poñan en marcha políticas activas e eficaces que permitan previr e combater calqueira forma de violencia contra as mulleres, incluído o acoso dixital. Así como mellorar os dereitos laborais para as víctimas de violencia de xénero.

 

Se estás a sufrir violencia machista é importante que sepas que non estás soa.

Non o dubides, pide axuda e contacta con servizo 016 (non deixa rastro na factura do teléfono) / WhatsApp 600 000 016  , se estás en risco inminente chama a 112 Emergencias, 091 Policía Nacional ou 062 Guardia Civil. Se o desexas podes descargar a app ALERTCOPS.