A reforma laboral continúa a dar froitos no mercado laboral
A redución de xornada é unha medida imprescindible para conseguir unha mellor redistribución da xornada
Fecha: 07 Nov 2024
Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social de outubro para a provincia da Coruña, publicados polo SEPE, seguen a reflectir unha evolución positiva do mercado laboral, cun incremento da ocupación e cun incremento de desemprego moi condicionado polo final da tempada estival.
Así, a afiliación á Seguridade Social presentou un crecemento en outubro, cun incremento de 1.384 persoas, chegando ata 472.465. Con respecto ao ano pasado, hai 9.930 persoas afiliadas máis.
En canto ao paro rexistrado, o incremento foi de 210 persoas este mes. Con respecto ao ano anterior, hai 5.227 persoas menos desempregadas, o que supón un total de 48.022 persoas rexistradas como desempregadas.
En relación á contratación, neste mes rexistráronse un total de 29.734 contratos, dos que 10.430 son fixos, o que supón o 35,08% da contratación, unha cifra que antes da reforma laboral (outubro 2021) apenas alcanzaba o 15% dos contratos.
En termos estatais, a afiliación á Seguridade Social presentou un importante crecemento en outubro, cun incremento de 134.307 persoas, superando por primeira vez os 21,3 millóns de persoas afiliadas, a cifra máis alta de outubro da serie histórica. Con respecto ao ano pasado, hai 514.856 persoas afiliadas máis, acelerando de novo o ritmo anual de creación de emprego.
En canto ao paro rexistrado, o incremento foi de 26.769 persoas este mes, o menor incremento dun mes de outubro desde 2006, a excepción dos anos afectados pola pandemia (2020 e 2021). Con respecto ao ano anterior, hai 157.350 persoas menos desempregadas, o que supón un total de 2.602.054 persoas rexistradas como desempregados, o máis baixo desde 2007.
En relación á contratación, neste mes rexistráronse un total de 1.527.007 contratos, dos que 664.195 son fixos, o que supón o 43,5% da contratación; destacando o contrato indefinido a tempo completo.
Os datos deste mes merecen unha valoración positiva por parte de UGT Coruña Cee, posto que se segue a crear emprego, mentres se estabiliza o mercado laboral e suaviza a destrución estacional de postos de traballo. Pero é o momento de avanzar nas cuestións que quedan pendentes, como a revisión dos custos do despedimento para facelos efectivamente disuasorios e reparadores, e a ineficiente distribución do tempo de traballo en España.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En outubro rexistráronse un total de 48.022 persoas en situación de desemprego, 210 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 5.227 persoas (-9,82%).
- Neste mes hai 376 homes máis e 166 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a setembro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 3.158 mulleres e o masculino en 2.069 homes. As mulleres representan o 58,7% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 1.952 en outubro , o que supón un aumento de 7 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en setembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 365 menores de 25 anos desempregados menos.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados aumenta en outubro en 237 persoas; chegando a un total de 4.109 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 196 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa un aumento de 210 persoas paradas. Se produce unha diminución de 40 persoas no sector da construción. Pola contra, prodúcese un aumento de 3 persoas no agro, 4 personas na industria, 230 persoas no sector servizos, e 13 persoas no colectivo sen emprego anterior.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 1.384 persoas en outubro, ata alcanzar unha media de 472.465 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 29.734, dos cales 10.430 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de outubro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 35,08%.