XVIII Premio 1º de Maio UGT Coruña

Hoxe 29 de abril, a Unión Comarcal de UGT Coruña fixo entrega da XVIII edición dos seus tradicionais Premios 1º de Maio, cos que ano tras ano distingue a aquelas persoas que se significan no eido laboral.

Este ano os galardóns son para :

- Sección Sindical Albada, pola súa loita continua na defensa do emprego e a viabilidade da planta de residuos de Nostián.

- Rafael Mesura Pose, pola súa traxectoria de traballo sindical no sector pesqueiro, como coordinador de pesca, tanto provincial como de toda Galicia dende o ano 1988.

- José Varela Laya, pola súa gran aportación á Unión Comarcal de UGT A Coruña, onde exerceu dende o ano 1981 ata o 2020, así como o seu traballo na conformación das distintas estruturas da UGT.

- Fernando Vázquez Martínez, pola súa aportación de tantos anos, tanto nas executivas estatais como de Secretario de Organización da Unión Comarcal de UGT A Coruña dende o ano 2005 ata 2020.

- José Carrillo Souto, pola súa traxectoria sindical, sendo Secretario Xeneral da Unión Comarcal de UGT A Coruña dende 1992 ata o 2020, convirtíndose nun auténtico referente do sindicalismo coruñés.

 

Ca entrega destos premios, a UGT Coruña quere resaltar a labor de todos os seus delegados e delegadas, que estiveron nos centros de traballo solucionando os problemas que acontecían ante esta inédita situación.

A Unión Comarcal de UGT Coruña quere tamén poñer de manifiesto que a situación actual non debe de servir como escusa para causar máis danos á clase traballadora, é necesario subir os salarios, manter os prezos e alcanzar unha igualdade real.