UGT reclama medidas máis eficaces contra a pobreza enerxética
Fecha: 21 Dec 2021
Ca chegada do inverno e o aumento continuo dos prezos da electricidade (até os 327 euros MW/hora de hoxe), o sindicato esixe medidas de calado para evitar que a maior parte da cidadanía no poida manter as súas vivendas a unha temperatura adecuada ou non poida pagar as súas facturas, como unha reforma da política fiscal enerxética ou a automatización do bono social enerxético para que chegue a máis persoas.
Co motivo do 21 de decembro, día no que comeza a estación do inverno, a Unión General de Trabajadoras y Trabajadores considera imprescindible adoptar medidas de maior impacto que combatan e erradiquen a pobreza enerxética, co fin de non condenar ás persoas deste país á máis completa falta de subministración vital. Ca chegada do invierno, a baixada das temperaturas aumentará o consumo de enerxía eléctrica e gas natural, momentos críticos nos que habitualmente se mostra con toda a súa crueza as numerosas situacións de pobreza enerxética e as súas consecuencias.
Para UGT, o aumento do consumo, unido ós continuos incrementos do prezo medio da electricidade, fará que moitas persoas no poidan manter as súas vivendas a unha temperatura adecuada, ou no podan pagar as súas facturas enerxéticas. Según datos publicados en novembro por Eurostat, España foi no 2020 o sexto país europeo con máis fogares con problemas para manter o fogar quente, por diante de Bulgaria, Lituania, Chipre, Portugal e Grecia; e o 9,6% dos fogares sufrían retrasos no pagamento das súas facturas.
Decembro é tamén un mes marcado por unha gran volatilidade, o prezo do megavatio hora (MWh) según os datos publicados polo Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE) alcanza no día de hoxe os 327 euros o MW/h de media en España, con picos de ata os 370 euros. Unhas subidas que teñen a súa repercusión no Índice de Precios de Consumo (IPC) que alcanzou no mes de novembro unha tasa intermensual do 0,3% e unha tasa interanual do 5,5%, o nivel máis alto en 29 anos, según os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Medidas de calado
Por todo isto, o sindicato reclama acometer xa unha reforma da política fiscal enerxética definitiva, xa que o próximo 31 de decembro finalizan as medidas temporais de redución do IVA e do Imposto sobre a Enerxía Eléctrica (IEE), así como da suspensión do Imposto sobre o Valor de Produción da Enerxía Eléctrica (IVPEE).
Agora, máis que nunca, o Goberno debe cumprir cós compromisos plasmados na Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética (ENPE) 2019-2024, na que se establecía un sistema robusto de seguimento dos catro indicadores (gasto desproporcionado de enerxía nos fogares, pobreza enerxética escondida (que implica un gasto enerxético absoluto inferior á metade da mediana nacional), porcentaxe de fogares que sufren retrasos no pagamento das facturas e os que non poden manter a súa vivenda a unha temperatura adecuada), mediante a elaboración dun informe anual antes do 15 de outubro de cada ano. Polo tanto, acumúlanse dous meses de retraso na actualización dos indicadores de 2020, un ano crítico marcado pola crisis enerxética global, e cuxo análise resulta imprescindible para adoptar as medidas oportunas.
Ademáis, a tramitación do bono social eléctrico e térmico ten un farragoso trámite burocrático, que fai que moitos fogares non o disfruten pese a ter dereito a él, polo que UGT considera imprescindible a automatización dun novo bono social enerxético que contempla a propia Estratexia contra la Pobreza Enerxética.