UGT reclama loitar a través da negociación colectiva contra a discriminación cara ás persoas LGTBI

Con motivo do Día Internacional contra a LGTBIfobia a Unión Xeral de Traballadoras eTraballadores reclama garantir os dereitos das persoas LGTBI nos convenios colectivos e previr, perseguir e sancionar as condutas discriminatorias que se produzan.

Fecha: 17 Mai 2023

Bandeira lgtbi

Segundo a enquisa "Hacia dentros de trabajo inclusivos" elaborada por UGT , os actos discriminatorios contra as persoas LGTBI están moi presentes nos centros de traballo, unha situación que se agrava con violencia específicamente sexual se é unha muller ou unha persoa trans.

Do acceso ao emprego: o 44% das persoas LGTBI ocultan a súa orientación sexual ou identidade de xénero para atopar traballo, e o 40% das persoas trans afirma que foron rexeitadas nas entrevistas por prexuízos cara á súa identidade de xénero.

Case o 70% das persoas heterosexuais enquisadas pensa que as persoas LGTBI non teñen as mesmas oportunidades que as heterosexuais, o 90% das persoas LGTBI consideran que é un inconveniente á hora de atopar traballo e catro de cada dez persoas traballadoras LGTBI afirman ter sufrido algunha agresión cara a un mesmo ou cara a outras persoas LGBTI no ámbito laboral, por razón de orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.

Loitar a través da negociación colectiva ante esta realidade

UGT considera fundamental o obxectivo da igualdade de trato e oportunidades. Así mesmo, para a UGT é fundamental impulsar un Plan contra os Delitos de Odio, para erradicar todas as formas de odio e violencia contra as persoas LGTBI en todos os contextos; garantir a formación e sensibilización do persoal das administracións públicas, educativas, sanitarias e sociais, así como dos corpos e forzas de seguridade do Estado sobre a realidade e necesidades das persoas LGTBI e a creación de programas de formación e información dirixidos aos centros educativos. incorporar a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar de forma transversal nos seus currículos formativos.

Queremos poñer en marcha medidas dirixidas a erradicar a discriminación LGBTI-fóbica no ámbito laboral, ademais de poñer en marcha medidas e incentivos para organismos públicos e empresas privadas que favorezan a integración e inserción laboral das persoas trans, por atoparse nunha situación de especial vulnerabilidade.

A lei establece a obriga de negociar as medidas previstas nas empresas de máis de 50 traballadores, incluíndo un protocolo para a prevención da discriminación por razón de orientación sexual e identidade ou expresión de xénero no ámbito laboral. É unha oportunidade e tamén é un reto. Temos a obriga de garantir a necesaria formación dos delegados sindicais, para que sexan capaces, mediante a negociación colectiva, de xerar ferramentas de respecto á diversidade no ámbito laboral e que contemplen as identidades trans e a diversidade de identidades de xénero; desenvolver campañas de sensibilización para defender a dignidade dos traballadores LGTBI.

É fundamental informar e formar a todas as persoas traballadoras para que se erradique este tipo de actuacións discriminatorias nas empresas. A lei supón unha protección ás persoas LGTBI fronte á discriminación nas empresas, pero é necesario traballar dende a acción sindical e a negociación colectiva, convertendo o obxectivo da igualdade e a non discriminación nun obxectivo primordial das relacións nas empresas, garantindo os dereitos das persoas e perseguir e sancionar as condutas discriminatorias que se produzan.