Subir salarios, conter prezos, máis igualdade
Fecha: 02 Mai 2022
Este 1º de Maio foi unha xornada para a celebración e un momento para recordar todos os logros acadados. No 2021 esixíamos a reforma das pensións, a suba do SMI e a reforma laboral. Tres obxectivos conseguidos grazas o traballo feito na negociación colectiva e co diálogo social. Con eles conseguimos mellorar a vida de moitas persoas.
Pero o Secretario Xeral de UGT Coruña recordou que aínda queda moito traballo por facer, loitas que requiren da nosa unión e da nosa forza. Na nosa cidade temos os conflictos nos servizos públicos de correos e na sanidade, e as loitas nas negociacións dos convenios de contact center, do comercio de alimentación e do metal. Pero temos que pensar tamén no futuro, nas persoas xóvenes que viven nunha situación laboral difícil.
Conter os prezos
O Goberno tomou medidas positivas, pero son medidas temporais. Son necesarias medidas para unha contención dos prezos a longo plazo como pode ser a eficiencia ou autosuficiencia enerxética. Son necesarias medidas sobre todo para protexer os sectores mais vulnerables da poboación.
Subir salarios
É imprescindible garantir o poder adquisitivo dos fogares. Non pode ser que ás empresas multinacionais teñan grandes beneficios mentres as familias teñen que elexir se comer ou pagar a luz.
Todos os convenios colectivos teñen que conter a cláusula de revisión salarial. Sin poder revisar os salarios en conformidade dos prezos, non se firmarán os convenios colectivos.
Máis igualdade
Grazas a Reforma Laboral e a suba do SMI, a brecha salarial se está a reducir. Pero é necesario conseguir unha igualdade real e efectiva nas empresas.
► Manifiesto : "Subir salarios, conter prezos, máis igualdade"