Primeiro Comité Comarcal de UGT A Coruña e Cee
Fecha: 25 Feb 2022
Hoxe tuvo lugar o 1 Comité Comarcal de UGT A Coruña e Cee no Edificio dos Sindicatos en A Coruña.
No mesmo se fixo efectiva a substitución de dúas Secretarías da Comisión Executiva: a Secretaría de Organización ( Celestino Criado Currás) e a Secretaría de Comunicación ( Lidia Louzao Rama).
No transcurso do Comité se falou da situación sociolaboral actual e, se puxeron enriba da mesa propostas de traballo de cara ós vindeiros meses.
Asimismo, O Comité puxo valor as melloras conseguidas nos últimos meses dende UGT, como son o Acordo de pensións, a subida do SMI e a Reforma Laboral. Estes acordos non son un final, sino que son un un inicio de cambio para a recuperación, pero hai que seguir traballando para seguir recuperando dereitos para o conxunto das persoas traballadoras.
Tamén se falou das dificultades actuais no sector da industria, e a necesidade de que a Xunta asuma as súas competencias en materia industrial. É necesario atopar unha saída os peches das empresas, reforzando o sector cunha maior carga de traballo, buscando unha saída ó elevado prezo da electricidade e o proceso de transformación enerxética. Xa que o peche destas empresas, produce unha gran perda de postos de traballo, tanto dos postos propios de esas empresas, como de todos os servizos que necesitan as mesmas para a súa actividade.
Durante o Comité se reiterou a situación que están sufrindo as empregadas e empregados do sector sanitario, que levan arrastrando dende o inicio da pandemia unhas condicións laborais extremas. Durante a pandemia, as e os profesionais antepuxeron a atención sanitaria á conciliación da vida familiar e persoal. A día de hoxe, non recuperaron nin as libranzas. É imprescindible aumentar os recursos materiais e humanos, mellorar as condicións laborais e non seguir degradando a nosa sanidade pública nin a saúde do persoal. Neste senso, están convocadas movilizacións estatais para o vindeiro 27 de marzo.