Persoal do servizo de Guindastre e ORA en loita
Fecha: 16 Xan 2023
O persoal do servizo de O.R.A. e Guindastre concentrouse esta mañá diante de Setex Aparki SA para demandar o desbloqueo da negociación do Convenio Colectivo. O Convenio leva conxelado dende finais do 2021, o que está a perxudicar ainda máis o persoal pola perda do poder adquisitivo nun momento en que a inflación está descontrolada.
Nos últimos 10 anos, o salario ten unha pérdida do poder adquisitivo dun 14%, polo que é imprescindible unha subida salarial.
Este mércores 18 ás 09:30 realizárase unha nova concentración para continuar na loita de un convenio digno, con unhas condicións dignas.