O persoal de limpeza inicia ás mobilizacións por un convenio digno

Fecha: 12 Xuñ 2024

Concentración na Praza de María Pita

O persoal do sector da limpeza da provincia da Coruña inicia as mobilizacións para amosar o seu malestar pola parálise da negociación do convenio que leva caducado dende decembro. Nesta ocasión concentráronse na Praza de María Pita portando fregonas amarelas, símbolo xa das súas reivindicacións.

Ainda que se chegou a un acordo para a actualización das táboas salariais 2020-2023, continúa pendente a negociación do novo convenio que mellore e actualice as condicións sociais e laborais do sector.

Ante esta situación, dende FeSMCUGT-Coruña explicaron que se empraza á patronal a, despois do verán, retomar as negociacións co fin de pechar xa ese novo convenio.