O persoal de Jevaso retoma ás mobilizacións

O persoal de Jevaso convocou unha nova xornada de paros parciais en demanda de melloras para todo o persoal. Esta nova xornada de paros realízase como continuidade das xornadas de concentracións dos meses de novembro e decembro.

A empresa comprometérase a negociar as peticións da plantilla nunha mesa de negociación a nivel estatal, pero tras tres reunións dende o mes de xaneiro, a empresa non acepta ninguna das solicitudes realizadas pola parte social nin ten interés en realizar ningunha contraoferta. A todas as propostas realizadas pola parte social a empresa Jevaso indica que non acepta ninguna delas.

As demandas que se están a realizar son demandas imprescindibles para a mellora da situación do persoal e incluso se está a esixir o cumplimento do convenio colectivo en termos como o descanso efectivo de 15 minutos.

UGT, reclama á empresa, que dunha vez por todas, escoite á plantilla e cambie a súa postura, solucionando de inmediato temas como o tempo de descanso e os graves incumplimentos en materia de saúde laboral. Ademáis de negociar melloras respecto á xornada laboral, salarios, transporte, categorías profesionais, contratacións mediante ETT, xubilaciones parciais…

Á dirección de Jevaso, no se lle pode esquecer, que gran parte dos millóns de euros que xeneran de beneficio, veñen dados do gran esforzo diario que realizan os seus traballadores e traballadoras, baixo o trato vexatorio e as presións que sofren por parte dalgúns mandos intermedios, trato que a propia dirección consinte e alienta.