O metal en folga
Fecha: 10 Mai 2022
UGT, CCOO e CIG convocaron catro xornadas de folga para o sector do metal da provincia da Coruña ante as posicións inmobilistas da patronal no proceso de negociación do convenio.
A primeira destas xornadas foi o 5 de maio, e acadou un gran seguimento así como una ampla participación na manifestación convocada na Coruña.
Ademais, hai convocadas outras tres xornadas de folga para os días 12, 18 e 19 de maio, as que están chamados máis de 16.000 traballadores e traballadoras do sector na provincia.
O proceso de negociación do convenio abriuse en outubro do 2019, paralizouse coa pandemia e retomouse hai pouco mais dun ano pero durante todo este tempo a patronal mantivo unha postura inmobilista nas súas propostas que conduce a unha significativa perda do poder adquisitivo das persoas traballadoras no sector, algo inasumible cunha inflación desbocada.
Os sindicatos levan moitos meses traballando para unha solución razoable que non chega, o que leva a convocar estas catro xornadas de folga.