O aumento do SMI a 1.100 euros reduciría a fenda de xénero
Do total de perceptores do salario mínimo en 2023, seis de cada dez serían mulleres, o que supón 1,75 millóns, fronte a 1,1 millóns de homes.
Fecha: 21 Xan 2023
A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores afirma que o incremento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ata os 1.100 euros en 2023 reduciría a fenda de xénero e podería beneficiar a entre 2,6 e 2,8 millóns de asalariados, o que supón o 16 % do total. Isto suporía un incremento moi importante con respecto aos potenciais perceptores en 2022, que poderían chegar ás 800.000 persoas, debido, por unha banda, a que o incremento do salario mínimo sería moi superior aos incrementos do convenio e, por outra, ao importante incremento do emprego asalariado en 2022, de 429.000 persoas.
Neste senso, do total de perceptores en 2023, seis de cada dez serían mulleres, o que supón 1,75 millóns fronte a 1,1 millóns de homes. Coa suba do SMI ata os 1.100 euros habería un 55% máis de mulleres beneficiarias que de homes. Ademais, a porcentaxe de mulleres que perciben o SMI sobre o total de asalariados roldaría o 20%, fronte ao 12% dos homes.
Por iso, debido a este maior impacto nas mulleres, unha suba do SMI do 10%, como a que propón a UGT, contribuiría a seguir reducindo a brecha salarial, que se mantén elevada. As mulleres seguen tendo salarios máis baixos en xeral e ocupan a maioría dos sectores moi afectados polo SMI, como a empregada do fogar ou a hostalaría, polo que o incremento do salario mínimo as beneficia en maior medida.
De feito, o incremento promovido pola UGT en anos anteriores foi reducindo o número de xornadas que as mulleres traballan de balde no noso país, xa que, en 2016, cando o salario mínimo era de 655,20 euros, un total de 52 traballaban de balde, segundo Eurostat. En 2020, co salario mínimo de 950 euros, traballan gratis 34 días do ano.
A xente que ten menos non pode quedar atrás
Ante a actual situación de elevada inflación, UGT leva meses pedindo ao Goberno que suba o salario mínimo a 1.100 euros en 14 pagas, para que ninguén quede atrás. Ademais, este incremento tamén serviría para reactivar a economía mediante o incremento do consumo.
Os países da nosa contorna fano e xa aplicaron incrementos do salario mínimo aínda superiores ao 10%. Exemplos diso son os aumentos salariais para 2023 en Paises Baixos (10%), Bélxica (13%), Polonia (14,6%) e Alemaña (15%).