A reforma laboral segue a mellorar o emprego
Fecha: 05 Dec 2022
Os datos do paro do mes de novembro constatan, un mes máis, que a reforma laboral funciona. Aínda así precísanse políticas activas máis eficaces para acabar co paro de longa duración e salarios xustos que garantan o poder adquisitivo das persoas traballadoras, máxime tendo en conta o incremento dos prezos e dos márxenes empresariais. Do contrario, continuará o conflito.
Os datos de paro rexistrados e publicados polo Servizo Público de Emprego (SEPE) e os de afiliación á Seguridade Social mostran un aumento de 24 persoas desempregadas na nosa provincia (nos datos estatais rexistráronse 33.512 personas desempregadas menos), no mes de novembro. Trátase duns datos poco habituais, xa que novembro é mes onde tradicionalmente hai un aumento elevado de paro.
Ademáis en datos estatais, rexistrouse un aumento da afiliación en termos desestacionalizados de 78.695 persoas. Esta mellora na cantidade de emprego prodúcese á vez que a reforma laboral mostra un dos seus efectos máis importantes, a mellora na calidade do emprego. Isto obsérvase de novo na proporción da contratación indefinida na nosa provincia sobre o total, que foi dun 32,22% no mes de novembro. Estes datos son unha mostra máis de que a reforma laboral está a funcionar, pese ao elevado grao de incerteza que lanza a situación internacional provocada polo conflito en Ucraína.
Continúa, por tanto, a creación de emprego, á vez que mellora a súa estabilidade, o que constitúe unha moi boa noticia. Con todo, aínda persiste unha taxa de paro elevada e problemas de funcionamento do mercado laboral que prexudican a integración de determinados grupos de poboación, polo que é necesario implementar novas políticas activas de emprego que dean solución a estas disfuncións, algo que a nova Lei de Emprego non logra.
Ademais, a calidade do emprego depende tamén de que a súa retribución sexa adecuada. E agora, no noso país, non o está sendo, posto que os salarios están a rexistrar unha forte perda de poder adquisitivo por mor da elevada inflación. Concretamente, o aumento medio do IPC no que vai de ano é do 8,8%, mentres que os salarios aumentaron apenas un 2,64% ata outubro. Isto supón unha perda de poder de compra de 5,7 puntos porcentuais. A inflación está a lastrar a demanda dos fogares, algo que xa afectou no terceiro trimestre de 2022 ao crecemento económico e que prexudica á recuperación tras a pandemia e a invasión rusa de Ucraína.
O aumento do nivel xeral dos prezos vén provocado polo incremento das marxes de beneficios que están a realizar empresas. Neste senso, para esixir un cambio na política salarial das patronais e unha maior responsabilidade á hora de xestionar as marxes empresariais, UGT e CCOO impulsamos intensas mobilizacións durante outono e, de continuar a negativa para implementar incrementos salariais dignos, só quedará continuar co conflito.
En definitiva, UGT Coruña Cee reclama que haxa unha repartición da riqueza máis equitativa e que non sexan as persoas traballadoras as que paguen as consecuencias dunha crise económica da que non son culpables, como xa sucedeu en situacións anteriores.
Datos de interese:
- Desemprego:
Na nosa provincia hai un total de 57.129 persoas en situación de desemprego, 24 mais que no mes anterior. No Estado esta cifra é de 2.881.380 persoas, 33.512 persoas menos que no mes anterior. Este dato prodúcese nun mes onde o habitual é que o paro aumente. En términos interanuais, na nosa provincia, o número de persoas en situación de desemprego descendeu en 4.034 persoas.
O paro aumenta no mes nun 0,04% na Coruña, mentres que no Estado descende un 1,15%. O paro rexistrado no Estado sitúase nun total de 2.881.380 persoas e, en Galicia 142.758 persoas.
Do total de persoas en desemprego na nosa provincia, 2329 son menores de 25 anos, 84 persoas máis que no mes anterior.
Por sexos, as mulleres seguen a representar o 58,89% do total do desemprego rexistrado na nosa provincia, 33.641 mulleres, fronte a 23.488 homes.
Por sectores, no mes de novembro o desemprego diminúe no sector da industria e servizos, medrando no colectivo denominado “sen emprego anterior”, contrución e agricultura.
- Contratación:
O número total de contratos rexistrados no Estado durante o mes de novembro foi de 1.424.283, dos cales 615.236 son de carácter indefinido, un 43,20% del total. Por contra, os contratos temporais ascenden a 809.047.
En materia de contratación indefinida na nosa provincia a porcentaxe chega ó 32,23%. No mes de novembro realizáronse 27.826 contratos, dos cales 8.967 foron indenidos. En termos acumulados do 2022, firmáronse 336.614 contratos, 108.873 son indefinidos.
Dos contratos realizados na nosa provincia no mes de novembro : 22.257 son do sector servicios, 1.199 no sector da construción, 3.699 na industria e 671 no sector da agricultura.