Importancia do Diálogo Social e retos pendentes

No día de onte tuvo lugar a Xornada sobre Pensións e Negociación Colectiva, na que participou o Vicesecretario Xeral de Política Sindical de UGT, Fernando Luján. Durante a mesma

Durante a mesma púxose en valor os grandes avances acadados nos últimos anos gracias o Diálogo Social : a Reforma laboral, o aumento do SMI e a reforma das pensións.


A Reforma Laboral acordada a finais de 2021 está a contribuír de maneira palpable á mellora dos dereitos das persoas traballadoras. Dunha forma relevante en materia de emprego, tanto na súa creación -superando os 20 millóns de persoas afiliadas á Seguridade Social (preto de 1.050.000 en Galicia), como na súa calidade, poñendo freo á histórica temporalidade abusiva que viña sendo o aceno de identidade do noso mercado de traballo. En só un ano a temporalidade reduciuse un 7'5% (7,7 puntos en Galicia), segundo datos da EPA pasaron do 25,4 (24,3 en Galicia) ao 17,9% (16,65 nesta Comunidade), a contratación indefinida pasou dunha media mensual en torno ao 10 % (9,5% en Galicia) a situarse en torno ao 46,8% (38% na nosa Comunidade).

Os acordos alcanzados sobre pensións e salario mínimo supoñen a protección das rendas de aproximadamente 13 millóns de persoas (preto de 900.00 persoas en Galicia). Mantívose o poder adquisitivo de máis de 10 millóns de persoas pensionistas (770.000 en Galicia) cun incremento do 8,5%, unida á subida do 8% do SMI para este ano, que acumula xa unha subida do 47% durante a lexislatura, e mellorará a vida de ao redor de 2 millóns de persoas traballadoras (máis de 100.000 nesta Comunidade). Situar o Salario Mínimo Interprofesional en 15.120 euros anuais supón instalalo na senda da Carta Social Europea, é dicir, no 60% do salario medio do país. Igualmente, incrementáronse as prestacións por desemprego tanto contributivas como asistenciais. Este conxunto de medidas contribuíu de forma decidida a loitar contra a pobreza e a desigualdade social e reduciu a brecha salarial de xénero.

Luján tamen puso en valor a campaña Salario ou Conflito impulsada polas organizacións sindicais, unha campaña que deu moi bos resultados, sobre todo, nas empresas e sectores onde os sindicatos son fortes conseguindo melloras sustanciais nos convenios e subidas salariais que protexen da inflación e mitigan a perda de poder adquisitivo derivada do IPC ademáis de incorporar de forma masiva cláusulas de garantía salarial. Segundo os datos do primeiro trimestre de 2023 acercámonos ó 5% de subida salarial e máis do 56% dos convenios con cláusulas de revisión salarial.

Retos pendentes

Tamén se falou da situación da negociación do AENC, negociación que está estancada porque a patronal non quere repartir beneficios. Non quere compartir os resultados que están a obter, resultados que teñen a costa da clase traballadora e dos seus salarios. Se nun plazo breve de tempo no hai acordo ca patronal, as mobilizacións vanse a intensificar nos diferentes sectores e a única responsable de que esto non pase é a CEOE.

Outro dos retos é abordar un Estatuto das persoas Traballadoras do século XXI adaptado á dixitalización e as novas formas de traballo e, sobre todo, falar das causas e o custo do despedimento improcedente no noso país. A firma por parte de España no 2021 da Carta Social Europea, que é de obrigado cumprimento, obriga a protexer o emprego. No noso país aínda é demasiado fácil e barato despedir. Temos que avanzar cara un custo do despedimento suficientemente disuasorio, xusto e adecuado ás circunstancias sociais, vitais e de reempregabilidade das persoas vítimas de decisións inxustas, de acordo con a doutrina do Comité Europeo de Dereitos Sociais.

Además é imprescindible seguir fortalecendo as políticas sociais, os servizos públicos, a mellora da sanidade e o ensino público; polo dereito a unha vivenda digna, cumprindo co mandato constitucional; polas políticas de coidados e de dependencia como un dereito de cidadanía; polo emprego de calidade e pola igualdade efectiva entre mulleres e homes; para seguir avanzando nos dereitos de todos os colectivos, LGTBI, persoas migrantes ou con discapacidade, por vivir a diversidade e a pluralidade sen ningunha discriminación nin social nin laboral; pola solidariedade e a loita contra a desigualdade e a pobreza.