Compre esixir medidas na Seguridade e Saúde Laboral

O análise dos datos amosan que non hai atisbos de mellora

Fecha: 10 Out 2025

Imaxe dunha mesa, na que se ve un ordenador portatil, e unha persona escribindo nun documento.

Unha vez recibidos os datos de accidentes laboráis facilitados polo ministerio de traballo no periodo Xaneiro-Xullo de 2025, non hai atisbos de mellora.

Taboa resumen dos datos dos accidentes de xaneiro a xullo.

Comparando o período Xaneiro-Xullo 2025 co mesmo período de 2024:

• Aumento dos accidentes totais en xornada (98 accidentes máis).

• Aumento dos accidentes mortais en xornada (de 8 a 14).

• Aumento dos accidentes mortais in itínere (de 1 a 5).

• Aumento total no número de accidentes (xornada + in itínere) en 98 accidentes.

• Aumento total de accidentes mortais (de 9 a 19)

Pese a unha leve melloría nos datos de accidentes graves, o resto de datos segue a empeorar, cun preocupante aumento dos accidentes mortais a máis do doble que no período Xaneiro-Xullo do ano 24.

UGT continúa na súa petición da creación dunha figura similar á do Delegado/a Territorial de Prevención de Riscos Laborais, pero a nivel estatal. Tamén loitamos polo aumento de recursos creando Xulgados especializados, e a articulación de maiores garantías de cumprimento da normativa en materia preventiva asignando maiores recursos para a Inspección de Traballo, así como para a Fiscalía de Seguridade e Saúde no Traballo, entro outras medidas. 

Precisamos compromiso dos partidos políticos para priorizar na súa axenda a seguridade e saude no traballo, e darlle prioridade a estos temas nas mesas de diálogo social.

Como medida de presión o vindeiro 16 de outubro concentrarémonos baixo o lema: “REMATAR COA SINIESTRALIDADE LABORAL É RESPONSABILIDADE EMPRESARIAL” fronte a sede da CEOE en Madrid de 11:00 a 14:00.