Ata novembro de 2024 rexistráronse un total de 20 accidentes mortais.
UGT insta a que se tomen medidas urxentes para acabar coas mortes no traballo.
Fecha: 14 Xan 2025
En UGT calculamos que o ano 2024 rematará, en termos estatais, con máis de 800 persoas traballadoras falecidas en accidentes de traballo. Consideramos que esta situación é insostible para unha sociedade como a española e esiximos que se adopten medidas inmediatas para acabar con esta lacra.
Ata novembro de 2024 rexistráronse en España un total de 741 accidentes mortais, 77 máis que os datos provisionais de novembro de 2023, co que se incrementa esta cifra un 11,6%. Na provincia da Coruña, rexistráronse un total de 20 accidentes mortais, o mesmo número que nos datos provisionais do mesmo periodo do 2023.
A maioría destes accidentes producíronse durante a xornada laboral, ascendendo a un total de 19 as persoas traballadoras falecidos no transcurso da súa xornada laboral.
En UGT insistimos en que se negocie un Plan de Choque contra a sinistralidade laboral. Entre as medidas que se recollerán neste Plan de Choque, non poden faltar aquelas dirixidas a mellorar a xestión dos riscos psicosociais nas empresas, xa que a primeira causa de morte dos accidentes de traballo en España durante a xornada laboral foron os infartos e ictus, que podería estar relacionado coa exposición a riscos psicosociais.
Ademais, reclamamos que se retome o traballo da Mesa de Diálogo Social en materia de prevención de riscos laborais para actualizar a normativa en materia preventiva.
Así mesmo, seguimos reclamando un incremento dos medios humanos e materiais para a Inspección de Traballo, co obxectivo de reforzar o control do cumprimento das normas preventivas. Tamén se deberían destinar maiores recursos á Fiscalía de Siniestralidade Laboral para reducir os tempos de resolución das sentencias e para a creación de Xulgados especializados.
Mentres isto non se faga efectivo, consideramos que son necesarias outras garantías de cumprimento da normativa preventiva, para o que propoñemos que se analicen fórmulas alternativas, como, por exemplo, habilitar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como “auxiliares ou colaboradores” da Inspección de Traballo en cumprimento preventivo, cando se constaten situacións constitutivas de infraccións graves ou moi graves.
Por último, reclamamos a creación dunha figura similar á da Delegada Territorial de Prevención de Riscos Laborais a nivel estatal, xa que é unha realidade que os centros de traballo sindicados son centros máis seguros. A creación desta figura axudaría a mellorar a PRL nas pemes do noso país que non teñen representación sindical.